Corrín ata quedar sen folgos, pero non me movín do meu sitio.
Contei ata tres sen chegar a un.
Corrín ata quedar sen folgos, pero non me movín do meu sitio.
Fiquei sen deixar de moverme.
Gritei sen romper o silencio.
Abrín e nada saíu.
Enterreino sen que tivese que morrer.
Chorei a mares sen derramar unha bágoa.
Levantei muros.
Pechei portas e ventás con sete chaves.
Non sabía o que facía.
Non sabía que ninguén, nin eu mo ía perdoar.
Estaba alí agardando por min.
Cando me quixen decatar
non serviu de nada contar ata tres, correr, ficar, gritar, abrir para que todo saíse, enterralo ou chorar.
A marea era incontible. Era inevitable.